Aniceto Charro: "Galicia en la boca", alimento y razón

Ramón Cadórniga, del Comité de Honor de Asomega, rinde tributo al doctor Charro a través de la emotiva y poética pluma de Marica Campo.

27/07/2026

Consciente del imborrable legado del doctor Aniceto Charro y movido por los muchos años de vivencias compartidas a su lado, Ramón Cadórniga —miembro del Comité de Honor de ASOMEGA y uno de los principales impulsores de ASOMEGA Maiores— no quiso que su homenaje a "Tito" quedase en el ámbito privado. Movido por el afecto y los muchos años compartidos a su lado, decidió compartir sus vivencias con la escritora en lengua gallega Marica Campo.

Tras transmitirle la profunda admiración humana y profesional que sentía por el insigne endocrinólogo —padre de la dieta atlántica y referente de la medicina—, la autora de obras como Pedinche a luz prestada o Memoria para Xoana dio forma a esas reflexiones. La literatura gallega se suma así al reconocimiento al profesor Charro con el texto firmado por Marica Campo que reproducimos a continuación:

Galicia na boca

Nunha entrevista a Jesusa Ferreiro, viúva de Francisco Asorey, Luís Rial interesouse pola relación do escultor con Castelao. “Xuntábanse e falaban sen parar”- dixo ela. “E de que falaban? Falarían de arte e de política”- Interrogou o popular locutor e xornalista da radio galega. “Ai, de política, non. Eu oíalles dicir todo o tempo Galicia, Galicia, Galicia” -respondeu Jesusa.

Lembrei este episodio cando o meu primo Ramón Cadórniga me falou do Doutor Aniceto Charro Salgado. Manifestoume a admiración que sentía por el, a amizade que os unía e as súas conversas nas que a palabra Galicia era unha constante. Deume a coñecer, así mesmo, a súa altura científica e prestixio internacional como endocrinólogo e nutricionista. E tamén a súa consideración como o pai da dieta atlántica.

O amigo, sen dúbida o máis fermoso de todos os seus títulos, levaba Galicia na boca no dobre sentido desta expresión: na palabra, ese alimento da razón, e nos alimentos terrestres que, se para André Gide metaforizaban a liberdade e a alegría de vivir, sen dúbida para o Doutor Charro eran a pura denotación da saúde con que nos agasalla a nosa terra e o noso mar, devidos nutrientes e, asemade, pracer dos sentidos.

Xamais desaparece quen dedica a vida a construír un mundo mellor. Dicir Galicia, Galicia, Galicia, é político porque fai pobo e esa é, por definición, a esencia da política. Porén, sobre todas as cousas, cando cruzamos á outra beira, como ensinou Valente, o único que queda é o amor. O amor, a amizade, a lle facer a figa á morte e unir ambas marxes do río.

Marica Campo