Noticias de los asociados

O talento feminino domina na última edición dos Premios Ramiro Carregal

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, destacou na entrega dos XIII Premios de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal o liderado e a excelencia dos profesionais galegos na investigación contra o cancro, así como o papel destacado de Galicia dentro do sector. Os galardóns tiveron dous protagonistas: as doutoras Manuela Gago, responsable do Grupo de Xenética e Epidemioloxía do Cancro no IDIS, e Noelia Tarazona, investigadora do Instituto de Investigación Biomédica INCLIVA.

El conselleiro, Gómez Caamaño; el presidente de la Xunta, Alfonso Rueda; las ganadoras, flanqueando a Ramiro Carregal; y Rafael López.

Ramiro Carregal abriu a gala felicitando ás premiadas, "dúas mulleres cunha excepcional carreira profesional", e expresando o enorme orgullo que supón ter a unha arousá entre o prestixioso elenco de galardoados nestes anos, xunto a nomes tan destacados como Mariano Barbacid, José Baselga, Guido Kroemer ou Marisol Soengas, entre moitos outros.

O presidente executivo do Xurado, Rafael López, agradeceu "un ano máis, e van 13, o esforzo e a defensa da investigación dun empresario modélico no ámbito do mecenado como é Ramiro Carregal". A continuación leu o fallo do Xurado:

  • XIII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, dotado con 30.000 euros, para Gago "pola súa ampla traxectoria internacional, cunha experiencia significativa na identificación de biomarcadores de cancro e a susceptibilidade xenética ao cancro".
  • VI Premio Talentos Emerxentes, dotado con 10.000 euros, a Tarazona "polo seu compromiso coa investigación de vangarda e a súa capacidade para integrar coñecemento multidisciplinario na práctica clínica".

As gañadoras e os seus proxectos

Manuela Gago Domínguez centrou o seu discurso no traballo que desenvolve como investigadora principal do Proxecto de Medicina de Precisión de Cribado Personalizado do Cancro de Mama financiado polo ISCIII, entre outros, con 1,2 millóns euros.

O proxecto, recentemente iniciado, é un cribado personalizado de cancro de mama baseado na medicina de precisión, no que participarán 10.000 mulleres de 14 comunidades autónomas. O equipo galardoado, experto na estratificación do risco do cancro de mama, traballou durante os últimos 20 anos no desenvolvemento do modelo de cribado multifactorial personalizado que será aplicado neste proxecto, MamoRISK, que inclúe factores de risco xenéticos, factores non-xenéticos e factores mamográficos (medidos en detalle con técnicas de IA).

"O obxectivo é avanzar cara á prevención personalizada do cancro de mama calculando o risco individual de cada muller para desenvolver dita enfermidade. Ter un sistema de predición personalizada/individualizada de risco podería supoñer un cambio nas políticas de screening", explica. Engade que "cun método de cribado como o do proxecto MamoRISK, que contempla todos os factores de risco, calquera muller e o seu médico poderían saber cal sería o seu risco de desenvolver cancro de mama, o cal tería unha gran influencia na forma na que se enfoca o seu seguimento, e, consecuentemente, non só na prevención senón tamén no seu diagnóstico precoz".

O premio a persoal investigador menor de 45 anos foi para Noelia Tarazona, oncóloga no Hospital Clínico Universitario de Valencia e investigadora do Instituto de Investigación Biomédica INCLIVA, quen fai apenas dúas semanas comezou unha nova aventura en Boston. O seu traballo, segundo explicou, é pioneiro na implementación de biopsia líquida para a detección da enfermidade mínima residual en cáncer colorrectal, con impacto directo na personalización de tratamentos.

As premiadas, Ramiro Carregal e as autoridades acompañadas do reitor da USC, Antonio López (á esquerda) e o decano da Facultade de Medicina, Julián Álvarez Escudeiro (á dereita).

Iñaki Moreno

Entradas recientes

Interacción y aprendizaje, bases del pleno desarrollo vital y profesional

La jornada "Trayectoria y vida" de Academia Asomega reúne en Santiago a más de 350…

21 horas hace

El futuro inmediato de la EPOC: avances científicos en medio de un desafío social

Pese a los importantes avances registrados, los expertos alertan sobre persistentes desigualdades y retos en…

1 día hace

El Día de la Ciencia en Galicia reivindica la innovación y la investigación pionera

Fernando Calvet i Prats, que modernizó la investigación química y sus aplicaciones prácticas, ha centrado…

1 día hace

Sanidade prorroga o convenio de colaboración entre o IIS Galicia Sur e a Universidade de Vigo

Gómez Caamaño visitou o IIS Galicia Sur e destacou o impacto clínico e social das…

3 días hace

La carga glucémica, clave para entender la variabilidad en el azúcar tras las comidas

Un estudio del IDIS focalizado en la población de A Estrada demuestra qué hora y…

3 días hace

La colaboración público-privada, clave para la sostenibilidad del sistema sanitario

Ignacio Balboa, miembro de Asomega, participa en el foro sobre el asunto que se celebrará…

3 días hace