Noticias de Asomega

Asomega, na presentación en Madrid da nova campaña turística da Xunta de Galicia

O presidente de Asomega, Julio Ancochea, participou en Madrid na presentación da nova campaña turística da Xunta de Galicia, un acto celebrado no Teatro Larra que reuniu a destacadas personalidades do ámbito cultural, deportivo, empresarial e asociativo galego. Co lema “E se Calidade fose un lugar”, a estratexia presentada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, busca consolidar a marca Galicia Calidade como emblema de identidade e de proxección internacional.

Xosé Manuel Merelles, director de la Axencia de Turismo de Galicia; Jovita Fernández, presidenta da Agrupación Artística Rosalía de Castro; Julio Ancochea, presidente de Asomega; y Fernando Rey Paz, presidente do Centro Galego de Madrid.

A presenza de Asomega neste evento subliña o compromiso da asociación con todas aquelas iniciativas que contribúen a difundir a imaxe de Galicia máis alá das súas fronteiras. Para Julio Ancochea, “a calidade como forma de ser e de facer, que inspira esta campaña, conecta co espírito que guía a labor de Asomega: unir aos médicos galegos arredor de valores comúns e proxectalos no ámbito nacional e internacional”.

Durante a súa intervención, Rueda defendeu que Galicia Calidade non é só un selo nin un lema publicitario, senón unha auténtica marca-país que integra tradicións, gastronomía, paisaxe, hospitalidade e emocións. Deste xeito, a nova campaña non se limita a promocionar un destino turístico, senón que aspira a transmitir unha experiencia vital, diversa e aberta ao mundo, con propostas que van dende a espiritualidade do Camiño de Santiago ata a excelencia culinaria ou o turismo de natureza e benestar.

O bo momento do sector turístico galego avala esta aposta. Entre xaneiro e agosto de 2025, Galicia recibiu máis de 4,7 millóns de viaxeiros, un 3,6% máis que no mesmo período do ano anterior. As pernoitas superaron os 8,7 millóns, os ingresos hoteleiros acadaron os 312 millóns de euros (un 5,6% máis) e o emprego turístico superou xa os 97.000 afiliados á Seguridade Social. Estas cifras confirman, segundo o presidente da Xunta, a consolidación de Galicia como un destino competitivo e recoñecido tanto en España coma no estranxeiro.

No acto estiveron tamén presentes o conselleiro de Cultura, José López Campos, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, así como figuras destacadas como o triatleta Javier Gómez Noya, a actriz María Castro, a empresaria Adriana Domínguez ou o xornalista Martín Barreiro.

A campaña, que terá presenza en máis dun cento de medios de comunicación nacionais e autonómicos, prevé chegar ao 84% da poboación española e superar os 45 millóns de impresións en medios dixitais. Con isto, Galicia reafírmase como un destino que preserva a súa autenticidade ao tempo que se abre ao mundo cunha oferta de calidade.

Carlos Lema, presidente de Iurisgama; Pilar Falcón, presidenta do Club de Xornalistas Galegos de Madrid; Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; Julio Ancochea, presidente de Asomega; Luis Ramos, director da Casa de Galicia en Madrid; Fernando Rey Paz, presidente do Centro Galego de Madrid; Jovita Fernández, presidenta da Agrupación Cultural Rosalía de Castro; e Julio Lage, presidente de Aegama, xunto coa súa muller.

Representantes de asociacións galegas, entre eles Julio Ancochea, presidente de Asomega, co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, no acto de Galicia Calidade.

Iñaki Moreno

Entradas recientes

El Orfeón Trivés llena de emoción y raíces gallegas el Día de Santa Cecilia en Madrid

El Centro Gallego de Madrid vibra con el concierto del Orfeón Trivés, un encuentro que…

17 horas hace

“Invertir en TRD, clave para un sistema eficiente y una mejor calidad de vida”

Pablo Crespo, de Fenin, resalta la equidad y sostenibilidad en terapias respiratorias domiciliarias (TRD), donde…

19 horas hace

Asomega y Grupo A Contraluz unen música y solidaridad por la salud en el Sáhara

Más que un concierto: el 13 de diciembre Madrid acogerá esta cita solidaria en beneficio…

21 horas hace

A USC destaca no Ránking de Shanghai 2025, con Farmacia como líder de España

A universidade aparece en 14 áreas temáticas e mantén a súa posición entre as mellores…

2 días hace

Chiesi impulsa el abordaje integral de la EPOC en el Día Mundial de la enfermedad

Más de 170 profesionales participan en una jornada que destaca la importancia de la Primaria…

4 días hace

El Orfeón Trivés celebra Santa Cecilia con la diáspora gallega en Madrid

Llega a Madrid el Orfeón Trivés con un repertorio diverso que une tradición y emoción…

1 semana hace