Ciencia al día

O Servizo de Alergoloxía de Vigo, recoñecido polo seu traballo sobre unha enfermidade rara

A comunicación gañadora, presentada por Carmen Marcos Bravo, xefa do Servizo de Alergoloxía da área Sanitaria de Vigo, levaba por título "Hereditary angioedema with normal C1-Inhibitor in 26 unrelated families in southwestern Galicia".

Nela expoñíase a súa experiencia en torno nunha enfermidade rara como é a anxioedema hereditaria por mutación no xen Factor XII, caracterizada pola aparición de edemas en mans, pés, extremidades, cara, tracto intestinal ou larinxe causada por mutación no xen de factor XII. Esta mutación condiciona unha activación do sistema de contacto e a produción aumentada de bradicinina que produce eses efectos.

A doutora Carmen Marcos Bravo, xefa do Servizo de Alergoloxía da Área Sanitaria de Vigo, recibe o diploma do premio de mans do doutor Antonio Letrán, membro do comité organizador do II Congreso Internacional das Sociedades Ibéricas de Alergoloxía SPAIC-SEAIC 2025.

O estudo obxecto da comunicación neste congreso internacional é unha importante achega á investigación neste terreo, xa que permitiu determinar unha prevalencia mínima desta enfermidade a partir de datos obtidos nos últimos 25 anos sobre 49 pacientes pertencentes a 26 familias non relacionadas na contorna da Área Sanitaria de Vigo, logrando determinar unha prevalencia desta enfermidade rara de un paciente por cada 11.527 habitantes, sendo a ratio máis alta comunicada ata este momento.

Iñaki Moreno

Entradas recientes

Oncobites: rigor y humanización en la información sobre el cáncer

El foro impulsado por SOLTI, Asomega y Aseica dota a los comunicadores de herramientas críticas…

3 días hace

O equipo de vía aérea de González Barcala suma un novo doutor

Pablo Miguéns-Suárez defende a súa tese sobre biomarcadores no asma, consolidando o labor do grupo…

3 días hace

"El poeta del aire": una obra sobre la mirada humanista de la medicina

Alicia Batlle, primera finalista en el VIII Certamen de Relato Breve de la SEPAR con…

3 días hace

Emoción y tradición: Carlos Nieto celebra medio siglo en los escenarios rodeado de amigos

El director del coro del Centro Gallego de Madrid y miembro activo de la Fundación…

3 días hace

Coren: evidencia científica en la base de la nutrición y la salud preventiva

Emilio Rial, director general de Coren, desgrana la filosofía de una firma gallega clave que…

3 días hace

Día das Letras, o valor da palabra herdada

Alberto Barciela afonda no sentido das Letras Galegas, unha celebración que transcende nomes para afirmar…

1 semana hace