Carmen Vidal Pan. FOTO: Real Academia de Medicina de Galicia.
A profesora titular da USC Carmen Vidal Pan vén de ingresar como académica numeraria na Real Academia de Medicina de Galicia, no sillón de Alergoloxía, nunha sesión que contou coa presenza do reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e na que a contestación ao discurso da nova académica correu da man do académico numerario de endocrinoloxía, Felipe Casanueva.
Carmen Vidal Pan. FOTO: Real Academia de Medicina de Galicia.
Ademais de docente na USC, Carmen Vidal Pan é xefa do Servizo de Alergoloxía Clínica da Área Sanitaria de Santiago e investigadora do IDIS. A alergóloga apareceu en 2025 na clasificación dos 10 mellores profesionais da súa especialidade en España do Monitor de Reputación Sanitaria (MRS).
Con este nomeamento, a Real Academia de Medicina de Galicia, despois de Salamanca, é a segunda de España en contar cun sillón desta especialidade.
No seu discurso de recepción ‘Alergoloxía: unha especialidade transversal para un tempo de medicina integradora e de precisión’, Carmen Vidal realizou un percorrido pola historia desta disciplina, a súa evolución e a súa contribución actual á medicina de precisión. Para ella, a “xuventude” desta especialidade non debe interpretarse “como unha carencia, senón unha oportunidade, porque a alergoloxía nace nun contexto no que a inmunoloxía e a bioloxía molecular comezan a transformar a nosa maneira de entender a enfermedade”.
El foro impulsado por SOLTI, Asomega y Aseica dota a los comunicadores de herramientas críticas…
Pablo Miguéns-Suárez defende a súa tese sobre biomarcadores no asma, consolidando o labor do grupo…
Alicia Batlle, primera finalista en el VIII Certamen de Relato Breve de la SEPAR con…
El director del coro del Centro Gallego de Madrid y miembro activo de la Fundación…
Emilio Rial, director general de Coren, desgrana la filosofía de una firma gallega clave que…
Alberto Barciela afonda no sentido das Letras Galegas, unha celebración que transcende nomes para afirmar…