Cada 30 de enero, el calendario nos recuerda la urgencia de cultivar la tolerancia y la armonía con el Día de la No Violencia y la Paz. En esta ocasión, Asomega tiene el honor de celebrar esta fecha de la mano de la palabra escrita de Xosé Luna. El poeta estradense, cuya trayectoria está íntimamente ligada a nuestra entidad, nos ha remitido una obra que es, al mismo tiempo, denuncia del dolor y canto a la fraternidad.
En "O Sol da estrada da Vida", Luna contrapone la oscuridad de la "triste guerra" con la luz de un sol que "quenta con Amor". Es un poema que nace de la tierra pero mira al cielo, recordándonos que el compromiso con la paz debe brotar desde el corazón y extenderse a todos los rincones. Agradecemos profundamente a Xosé su generosidad al compartir estos versos con todos nosotros.
A guerra é unha masacre entre xentes que non se coñecen, para proveito de xentes que si se coñecen pero que non se masacran. Paul Valéry
Nai que chora,/ triste guerra,/ noite escura,/ Sol que arrefría./ Nai que chora,/ fusca travesía,/ medo mouro,/ parda agonía./ Nai que chora,/ cruel miseria,/ soños crebados,/ lúa negra./ Nai que chora,/ bágoas molladas,/ cicatrices eternas,/ vidas roubadas./
Entre as nubes do ceo de xaneiro, cos beizos fríos do serán, bica o Sol da estrada da vida, o Sol da paz. O sol que alumea (que alumea) sempre para amar. E das escolas chegan cantigas, empurradas polo vento, enchoupadas pola brisa.
Baixo o Sol que alumea en todos os recunchos do Uni(verso) do mesmo xeito, uns raios nos chegan á alma e outros ao pensamento. Baixo o Sol que brilla na estrada da Vida resoa ao unísono un esperanzador cantar; nace no abrente, brilla ao solpor, póusase engordiño no noso corazón.
O sol quenta alá arriba no Ceo/ e nas cicatrices da xente/de todos aqueles inocentes/que sofren, padecen e senten/. O Sol quenta alá arriba no Ceo/ e nos corazóns dos pereiriños/que vogan por entre mil mares/de dornas, cons e millo./ O Sol quenta alá arriba no Ceo/ e nunca xamais nos queimou/ porque o seu maior segredo/ e que quenta con Amor.
Reclamamos, demandamos, esiximos, precisamos... Un mundo en paz! Velai a nosa presenza, o noso sentimento, o noso brado mainiño.
Guerra de flores/ Batalla de soñadores/ Balas de cartón/ Cañóns de turrón/ Fusís de chocolate/ Sangue de tomate/ Vida de cores/ Soles de amores/. Repetimos por se non se decataron: Guerra de flores/ Batalla de soñadores/ Balas de cartón/ Cañóns de turrón/ Fusís de chocolate/ Sangue de tomate/ Vida de cores/ Soles de amores/ Vida de cores/ Soles de amores/ Vida de cores/ Soles de amores.
Dáme unha aperta que eu che darei, unha estrela do ceo e o meu querer! Deámonos unha fraternal aperta pola paz mundial!
Lorenzo Armenteros y Cristina Margusino defienden en la jornada de la Academia Asomega de Santiago…
Cinco expertos dibujan en Visionarios 2025 un futuro donde la neumología pasa de contener daños…
Investigadores do IDIS e do CiTIUS desenvolven un sistema capaz de anticipar patoloxías anos antes…
La asociación respalda la iniciativa de la ERS para exigir a los líderes políticos medidas…
Nuevo número de la newsletter de Red TBS-Stop Epidemias, que profundiza en cuestiones como salud…
AENOR e IQNET avalan los procesos de seguridad clínica y los programas de humanización que…