Noticias de Asomega

As universidades públicas galegas e a Xunta acordan un plan de mellora do ensino de Enfermaría

As tres universidades públicas galegas e a Xunta de Galicia, xunto co consorcio Axencia para a Calidade do SUG, desenvolverán un plan de mellora do ensino universitario de Enfermaría. O acordo, que acaban de formalizar coa sinatura dun protocolo xeral, considera de interese xeral para Galicia o establecemento dun plan de mellora da docencia no Grao de Enfermaría que permita axustarse aos obxectivos de calidade, eficiencia na xestión e atención á poboación galega, así como permitir a mellora da actividade investigadora desenvolvida polas institucións universitarias neste eido.


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, con representantes das universidades públicas de Galicia, tras a firma do acordo sobre o Grao de Enfermería.

O Grao en Enfermaría impártese na actualidade en oito centros de diversa titularidade,
estando presente nos sete campus universitarios públicos de Galicia. O documento, segundo informa Redacción Médica, está baseado en tres liñas de actuación nas que os centros universitarios comprométense a levar a cabo a reestruturación da docencia "nunha única facultade por universidade", integrando nun centro propio toda a docencia que na actualidade impártese en centros de diferentes titularidades.

Para cumprilo, deberán poñer en marcha "o máis axiña posible" os procedementos necesarios para "integrar nun centro propio da universidade, todos os centros de distinta titularidade onde actualmente impártese" o grao enfermeiro. "Isto formalizarase coa firma de convenios de desadscripción e a tramitación da creación de novas facultades ou modificación das xa existentes", indica o texto.

Por iso a demanda de persoal seguirá sendo alta nun sistema sanitario no que o papel da enfermería é esencial para garantir unha atención integral e humanizada que responda ás necesidades específicas de cada individuo.

Para esa mellora da docencia, as entidades implicadas poñerán en marcha no seu respectivo ámbito os procedementos para a integración, como propios, dos centros de distinta titularidade nos que actualmente se imparte a titulación de Grao en Enfermaría na universidade pertinente. Ademais, comprométense a incrementar de maneira paulatina a oferta global de prazas de novo ingreso no Grao de Enfermaría.

Iñaki Moreno

Entradas recientes

Juan Gómez Reino, nomeado Mestre da Reumatoloxía española

A sociedade da especialidade distingue o doutor galego, que xa recibiu en 2014 o Premio…

2 días hace

Raquel Sendón asume el decanato de la Facultad de Farmacia de la USC

Catedrática de Nutrición y referente en seguridad alimentaria, Sendón liderará una facultad que hoy encabeza…

2 días hace

Galicia lidera el apoyo a la oncología con los Premios Ramiro Carregal

Santiago acoge la entrega de unos premios nacionales que, desde Galicia, distinguen a los doctores…

2 días hace

El rigor y la "medicina con alma" de Asomega logran el aval de los socios

La Junta Directiva de Asomega otorga el Nóvoa Santos a Federico Martinón y la Asamblea…

2 días hace

Fernández-Teijeiro: "La supervivencia no basta, el reto es la calidad de vida"

En el marco del III Congreso de Cáncer Infantil en Canarias, la vicepresidente de Asomega…

2 días hace

Asma 2026: por qué el acceso al tratamiento sigue siendo un desafío

Con motivo del Día Mundial del Asma, el Dr. González Barcala urge a universalizar los…

2 días hace