Noticias de Asomega

Sanidade prorroga o convenio de colaboración entre o IIS Galicia Sur e a Universidade de Vigo

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor recentemente o traballo do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IIS Galicia Sur), do que destacou a importancia e calidade do labor científico que desenvolve. Na súa opinión, é un referente no ecosistema biosanitario galego, con máis de mil profesionais e unha destacada capacidade de captación de fondos, superando os cinco millóns de euros para proxectos de investigación durante o pasado ano.

Nun acto celebrado nas instalacións do instituto, e acompañado polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinou unha addenda ao convenio de colaboración entre ambas as institucións que prolonga catro anos máis esta alianza estratéxica para potenciar a investigación sanitaria a través do IIS Galicia Sur.

No acto tamén estiveron presentes os xerentes das áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra-O Salnés, Javier Puente e José Flores, respectivamente, ademais da directora científica do instituto, Eva Poveda, e o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa.

Eva Poveda deu a benvida aos asistentes destacando o “importante labor” do instituto en investigación en saúde e o seu compromiso ético e rigoroso para que os avances científicos cheguen a toda a sociedade.

Durante a visita aos laboratorios, varios investigadores puideron mostrar en detalle proxectos de gran relevancia médica e social. Entre eles, o conselleiro resaltou o ensaio clínico DAPA TAVI, que demostra como un fármaco para a diabetes mellora o prognóstico de pacientes con estenosis aórtica sometidos a cirurxía valvular cardíaca. Este estudo, liderado polo Grupo de Investigación Cardiovascular do IIS Galicia Sur e que involucrou a máis de 1.200 pacientes en 39 hospitais, pode cambiar o enfoque terapéutico destes pacientes.

Tamén se destacaron outros proxectos como a análise de biomarcadores proteicos en saliva para detectar deterioración cognitiva leve, desenvolto polo Grupo de Neurociencia Traslacional; e traballos do Grupo de Innovación en Farmacia Clínica orientados a perfís metabólicos en patoloxías críticas e cancro dixestivo.

Finalmente, Gómez Caamaño valorou o compromiso divulgador do instituto, reflectido no programa Ciencia Brillante, unha iniciativa galardoada a nivel nacional que achega a ciencia a estudantes de ESO e bacharelato a través de talleres sobre luz, cor e imaxe médica.

Iñaki Moreno

Entradas recientes

Juan Gómez Reino, nomeado Mestre da Reumatoloxía española

A sociedade da especialidade distingue o doutor galego, que xa recibiu en 2014 o Premio…

21 horas hace

Raquel Sendón asume el decanato de la Facultad de Farmacia de la USC

Catedrática de Nutrición y referente en seguridad alimentaria, Sendón liderará una facultad que hoy encabeza…

21 horas hace

Galicia lidera el apoyo a la oncología con los Premios Ramiro Carregal

Santiago acoge la entrega de unos premios nacionales que, desde Galicia, distinguen a los doctores…

21 horas hace

El rigor y la "medicina con alma" de Asomega logran el aval de los socios

La Junta Directiva de Asomega otorga el Nóvoa Santos a Federico Martinón y la Asamblea…

21 horas hace

Fernández-Teijeiro: "La supervivencia no basta, el reto es la calidad de vida"

En el marco del III Congreso de Cáncer Infantil en Canarias, la vicepresidente de Asomega…

21 horas hace

Asma 2026: por qué el acceso al tratamiento sigue siendo un desafío

Con motivo del Día Mundial del Asma, el Dr. González Barcala urge a universalizar los…

21 horas hace