Ciencia al día

Vigo inicia unha experiencia para o tratamento a pacientes oncolóxicos preto dos seus fogares

O centro de saúde do Porriño será a primeiro lugar no que se implantará unha experiencia piloto para favorecer o tratamento citostático a pacientes oncolóxicos, evitando ter que desprazarse ao Hospital de Día do Álvaro Cunqueiro como é preciso agora.  Esta experiencia ten como obxectivo comprobar se os circuítos establecidos para o seu funcionamento son os adecuados e valorar a participación dos pacientes. Confirmada a súa viabilidade, o proxecto estenderase a outros centros de saúde cabeceira de comarca dos municipios da Área Sanitaria de Vigo de maneira progresiva.

Carmen Albo, xefa do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia da Área Sanitaria de Vigo e coordinadora deste proxecto.

A doutora Carmen Albo, xefa do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia da Área Sanitaria de Vigo e coordinadora deste proxecto, explica que “trátase dunha iniciativa coa que pensamos imos favorecer o benestar do paciente e dos seus familiares, ao evitar as perdas de tempo e custos de desprazamento que leva achegarse ao Hospital de Día do Álvaro Cunqueiro. Así mesmo, secundariamente entendemos que se contribuirá a unha maior racionalización e optimización no emprego dos recursos actuais do propio Hospital de Día.”  Nesta primeira experiencia, Identificáronse inicialmente 12 pacientes subsidiaros de recibir o seu tratamento de forma ambulatoria dos concellos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas, que iniciarán o seu tratamento no centro de saúde do Porriño a partir da mañá do martes 18 de febreiro.

O programa ofrecerase aos pacientes que requiran a administración de ciclos de tratamento tras o diagnóstico dunha enfermidade hematolóxica. Tras esta valoración completa do paciente no hospital e a administración do primeiro ou segundo ciclo no Hospital de Día sen presentar complicacións, valorarase a idoneidade de cada caso para cumprir coas características deste programa, ofrecéndoselle a posibilidade de continuar o seu tratamento de forma ambulatoria e preto ao seu domicilio.

A validación e preparación do seu tratamento levarase a cabo no Servizo de Farmacia do Hospital Álvaro Cunqueiro, coas mesmas medidas de seguridade que cando se administra o tratamento no propio Hospital de Día.

Finalmente, a administración deste tratamento realizarase por persoal de enfermaría  do propio Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia, formado especificamente na administración de citostáticos. Todo o proceso posibilita a súa administración coa mesma seguridade que no Hospital de Día.

Unha vez comprobados os resultados desta experiencia, avaliarase a súa implantación paulatina nos centros de saúde cabeceira de comarca da área sanitaria.

Iñaki Moreno

Entradas recientes

Juan Gómez Reino, nomeado Mestre da Reumatoloxía española

A sociedade da especialidade distingue o doutor galego, que xa recibiu en 2014 o Premio…

3 días hace

Raquel Sendón asume el decanato de la Facultad de Farmacia de la USC

Catedrática de Nutrición y referente en seguridad alimentaria, Sendón liderará una facultad que hoy encabeza…

3 días hace

Galicia lidera el apoyo a la oncología con los Premios Ramiro Carregal

Santiago acoge la entrega de unos premios nacionales que, desde Galicia, distinguen a los doctores…

3 días hace

El rigor y la "medicina con alma" de Asomega logran el aval de los socios

La Junta Directiva de Asomega otorga el Nóvoa Santos a Federico Martinón y la Asamblea…

3 días hace

Fernández-Teijeiro: "La supervivencia no basta, el reto es la calidad de vida"

En el marco del III Congreso de Cáncer Infantil en Canarias, la vicepresidente de Asomega…

3 días hace

Asma 2026: por qué el acceso al tratamiento sigue siendo un desafío

Con motivo del Día Mundial del Asma, el Dr. González Barcala urge a universalizar los…

3 días hace