Ciencia al día

1,6 M€ para tres proxectos de aplicación da IA á investigación do IIS Galicia Sur

O Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública aprobou a concesión á Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur dun financiamento por un importe total de 1.619.091 euros para o desenvolvemento de tres proxectos de investigación relacionados coa aplicación da intelixencia artificial para posta en valor de bases de datos obtidas previamente na detección e tratamento de diferentes patoloxías.

O primeiro destes proxectos, Brillant Observatorio de Sarcopenia, consiste na posta a punto dun caso de uso centrado na creación dun observatorio da sarcopenia, doenza que se caracteriza pola perda de masa e forza muscular asociada ao envellecemento ou o sedentarismo, aínda que pode darse en persoas mozas. 

Así, crearase un conxunto de ferramentas de manexo de datos e intelixencia artificial que, co emprego dunha base de datos composta por probas radiolóxicas e estudios de resonancia lumbares -realizadas a pacientes por patoloxías relacionadas co fígado, as vértebras ou outras relativas aos músculos lumbares- para adestrar á intelixencia artificial á detección de casos de sarcopenia. Este adestramento da IA suporía a implementación dun algoritmo que podería ser transferido aos principais fabricantes de equipamento de radiodiagnóstico para que, aproveitando a realización dunha proba radiolóxica na zona lumbar por outra patoloxía, detecte a posible presenza de síntomas compatibles con sarcopenia.

Brillant – Observatorio de Sarcopenia está dotado cunha achega de más de 626.000 euros cun horizonte de finalización en xuño de 2026. O seu investigador principal é César Veiga García, doutor en Físicas e pertencente ao Grupo de Investigación  Cardiovascular do IIS Galicia Sur.

Toma de decisións en enfermidades dixestivas apoiadas por IA

O proxeto GIFT -acrónimo de Gastroenterology Interface with Fair Treatment- consiste no emprego da IA para a creación dunha aplicación que funcione como un asistente conversacional (tipo Chat GPT) para a toma de decisións médicas en enfermidades dixestivas, baseado en información previa verificada achegada por sociedades científicas españolas desta especialidade. 

Desta forma búscase ofrecer respostas orientadas, rápidas e verificadas sobre estas patoloxías dunha forma novidosa e sinxela, onde a IA cobra un papel esencial como punto de unión entre o espazo de datos e o usuario final, que serán inicialmente profesionais da medicina.

Neste proxecto, tal e como o seu propio nome indica, terán un peso esencial os principios FAIR: conxunto de directrices de boas prácticas que establecen como deben ser os datos de investigación para que sexan facilmente localizables, accesibles e operables. Estes datos estarán, ademais, validados por médicos gastroenterólogos e investigadores pertencentes ao Grupo de Hepatología e Enfermidades Inflamatorias Intestinais do IIS Galicia Sur, liderados polo doutor Juan Turnes Vázquez, xefe do Servizo de Dixestivo da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés e investigador principal do Grupo Hepatoloxía e Enfermidades Inflamatorias Intestinais do IIS Galicia Sur.

O financiamento outorgado ao proxecto GIFT é de máis de 505.000 euros e a súa finalización está prevista en xuño de 2026.

Base de datos de gran utilidade

Juan Turnes tamén lidera o último destes proxectos, denominado AIDataMed: Base de datos sintética de pacientes, que ten como obxectivo abordar os desafíos actuais na xestión e utilización de datos médicos mediante a creación dun conxunto de datos sintéticos de alta calidade e gran volume que facilite a investigación, o desenvolvemento de aplicacións médicas e o adestramento de sistemas de intelixencia artificial en diversas áreas da medicina.

Para lograr este obxectivo, recompilarase, procesará e validará información médica estruturada e non estruturada sobre diferentes patoloxías e os seus correspondentes procesos asistenciais, proveniente de diversas fontes de confianza, como guías de práctica clínica, artigos científicos, consensos e documentación de evidencia científica.

AIDataMed busca proporcionar un recurso valioso para a investigación e o desenvolvemento de ferramentas de apoio á toma de decisións, permitindo aos profesionais da saúde acceder a información actualizada e confiable de maneira rápida e eficiente: co potencial de converterse nun referente e pioneiro neste ámbito.

Ao proporcionar un conxunto de datos diverso, este proxecto fomentará a colaboración entre diferentes actores do ecosistema sanitario e acelerará o ritmo da innovación no diagnóstico, tratamento e atención de diversas enfermidades. 

O proxecto tamén ten un horizonte de finalización en xuño de 2026 e conta cunha achega a través desta convocatoria do Ministerio de preto de 488.000 euros.

Outros proxectos galegos que obtiveron financiamento na mesma convocatoria foron:

  • Demostrador Multisectorial DATAlife, da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (3.077.058€).
  • CeliaSpace: Caso de Uso de datos de asistentes conversacionales para a avaliación da saúde, da Universidade de Vigo (367.643€).
Iñaki Moreno

Entradas recientes

El Orfeón Trivés llena de emoción y raíces gallegas el Día de Santa Cecilia en Madrid

El Centro Gallego de Madrid vibra con el concierto del Orfeón Trivés, un encuentro que…

22 horas hace

“Invertir en TRD, clave para un sistema eficiente y una mejor calidad de vida”

Pablo Crespo, de Fenin, resalta la equidad y sostenibilidad en terapias respiratorias domiciliarias (TRD), donde…

23 horas hace

Asomega y Grupo A Contraluz unen música y solidaridad por la salud en el Sáhara

Más que un concierto: el 13 de diciembre Madrid acogerá esta cita solidaria en beneficio…

1 día hace

A USC destaca no Ránking de Shanghai 2025, con Farmacia como líder de España

A universidade aparece en 14 áreas temáticas e mantén a súa posición entre as mellores…

2 días hace

Chiesi impulsa el abordaje integral de la EPOC en el Día Mundial de la enfermedad

Más de 170 profesionales participan en una jornada que destaca la importancia de la Primaria…

4 días hace

El Orfeón Trivés celebra Santa Cecilia con la diáspora gallega en Madrid

Llega a Madrid el Orfeón Trivés con un repertorio diverso que une tradición y emoción…

1 semana hace