Ciencia al día

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo estreou unha técnica valvular única

O Servizo de Cardioloxía do Hospital Público Álvaro Cunqueiro vén de realizar o primeiro implante a nivel mundial mediante unha nova técnica de reposición dunha prótese aórtica percutánea, que achega maior precisión no tratamento da estenose aórtica. A intervención foi realizada nas últimas semanas a un paciente de 77 anos e estivo dirixida polo doutor José Antonio Baz Alonso, xefe de Sección Intervencionista do Servizo de Cardioloxía do Chuv e investigador do Grupo de Investigación Cardiovascular do IIS Galicia Sur.

Equipo de cirurxía e enfermaría que participou nesta intervención. No centro da foto,(con bata branca), o doutor Andrés Íñiguez Romo, xefe do servizo de Cardioloxía do Chuvi e o doutor José Antonio Baz, xefe da Sección Intervencionista do Servizo de Cardioloxía do Chuvi (De pé, primeiro pola dereita).

A técnica empregada consiste nun procedemento TAVI (Transcatheter Aortic Valve Implantation) cun novo sistema que permite reposicionar a prótese Allegra mediante o sistema de entrega Imperia, logrando maior precisión na súa colocación final e un rendemento optimizado da válvula implantada. Este avance podería reducir de xeito significativo a taxa de morte ou reingreso por insuficiencia cardíaca en pacientes con este tipo de patoloxía.

Segundo sinala o doutor Baz: “Esta técnica, que é a primeira vez que se emprega neste tipo de válvulas a nivel mundial, chega froito dun proxecto internacional de investigación previa no que o Servizo de Cardioloxía do Chuvi foi o que máis pacientes e casos de estudo incluíu, contribuíndo coa selección, implante de válvula e seguimento de pacientes a que este esta investigación previa ofrecese resultados que garantan bos resultados, permitido que futuros pacientes que precisen dunha TAVI sexan tratados dunha forma máis efectiva e segura”.

Referente na innovación

O Servizo de Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, dirixido polo doutor Andrés Íñiguez Romo, conta cunha consolidada traxectoria no desenvolvemento e aplicación de técnicas innovadoras no ámbito cardiovascular. Neste contexto, foi recoñecido como “Centro de Excelencia” polo laboratorio B Braun (Melsungen, Alemaña), fabricante dun novo sistema menos invasivo para tratar afeccións coronarias. Só dous hospitais no mundo posúen esta distinción: un en Postdam (Alemaña) e o outro, o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ademais, investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, vinculados ao Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Vigo, presentaron o pasado marzo, nun dos principais congresos internacionais de cardioloxía, os resultados do ensaio clínico DapaTAVI (Dapagliflozin after Transcatheter Aortic Valve Implantation). O estudo mostra que o uso do fármaco dapagliflozina, indicado para a diabetes, mellora o prognóstico de pacientes con estenose aórtica sometidos a intervención valvular, reducindo a súa taxa de mortalidade ou reingresos por insuficiencia cardíaca.

Outro avance salientable é a recente publicación na prestixiosa revista Circulation dun estudo multicéntrico español no que o Servizo de Cardioloxía do Cunqueiro tivo unha achega destacada. A investigación analiza o tratamento con atorvastatina para retardar a progresión da enfermidade valvular aórtica en pacientes con válvula aórtica bicúspide (VAB), unha anomalía conxénita que afecta o 2 % da poboación. Segundo os datos, máis do 80 % destes doentes presentan complicacións ou precisan recambio valvular ao chegar aos 80 anos.

Iñaki Moreno

Entradas recientes

El Orfeón Trivés llena de emoción y raíces gallegas el Día de Santa Cecilia en Madrid

El Centro Gallego de Madrid vibra con el concierto del Orfeón Trivés, un encuentro que…

20 horas hace

“Invertir en TRD, clave para un sistema eficiente y una mejor calidad de vida”

Pablo Crespo, de Fenin, resalta la equidad y sostenibilidad en terapias respiratorias domiciliarias (TRD), donde…

22 horas hace

Asomega y Grupo A Contraluz unen música y solidaridad por la salud en el Sáhara

Más que un concierto: el 13 de diciembre Madrid acogerá esta cita solidaria en beneficio…

1 día hace

A USC destaca no Ránking de Shanghai 2025, con Farmacia como líder de España

A universidade aparece en 14 áreas temáticas e mantén a súa posición entre as mellores…

2 días hace

Chiesi impulsa el abordaje integral de la EPOC en el Día Mundial de la enfermedad

Más de 170 profesionales participan en una jornada que destaca la importancia de la Primaria…

4 días hace

El Orfeón Trivés celebra Santa Cecilia con la diáspora gallega en Madrid

Llega a Madrid el Orfeón Trivés con un repertorio diverso que une tradición y emoción…

1 semana hace