A innovación no sistema sanitario galego volve a escena coa convocatoria dos VI Premios de Innovación en Saúde. Publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), as bases establecen que o prazo para a presentación de candidaturas finalizará o 7 de maio de 2026. Estes galardóns, xestionados pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), consolidáronse como unha ferramenta para detectar solucións prácticas nadas da experiencia directa en centros e fogares.
O que diferencia a estes premios doutros certames técnicos é a súa apertura. A sanidade non só a fan os clínicos, senón que tamén a viven os pacientes. Por iso, as bases establecen dúas modalidades de participación:
O xurado non busca só novidade tecnolóxica, senón aplicabilidade. Avalíase se a proposta resolve un problema real de forma eficiente e, sobre todo, se é capaz de ser trasladada a outros centros da rede galega con garantías de éxito.
A eficacia desta convocatoria reflíctese no historial de proxectos que, tras seren premiados, gañaron a visibilidade necesaria para integrarse na rede asistencial. Por outra banda, as últimas tres edicións amosan algunhas tendencias recorrentes que marcan o ecosistema innovador galego como a atención domiciliaria, o apoio directo á cronicidade ou a dixitalización inclusiva.
V Edición (2025)
PROFESIONAIS
✅ Gañador: Xestión Enfermeira da Demanda (XED), implementado como proxecto piloto no Centro de Saúde da Estrada.
✅ Finalista: Activa a túa saúde (Fisioterapia Comunitaria Vigo), que combina educación para a saúde con exercicio terapéutico.
PACIENTES
✅ Gañador: “Mellora da transición á fase post-hospitalaria de familias con dano cerebral”, presentado pola Asociación Ourense de Lesión Cerebral Adquirida (RENACER), cuxo obxectivo é complementar a atención posterior á fase de hospitalización das familias que sufriron un episodio de dano cerebral.
✅ Finalista: The Mind Guardian (Asociación AFAGA), aplicación que detecta signos de deterioración cognitiva.
IV Edición (2024)
PROFESIONAIS
✅ Gañador: VidAped - Videoconferencia en consulta preAnestésica Pediátrica (Vigo), que propoñía o uso de novos recursos como a videoconferencia para mellorar a prestación de servizos, comezando con pacientes pediátricos con diversidade funcional.
✅ Finalista: “Cronicidade360: unha ferramenta de saúde baseada en IA”, unha ferramenta dixital interactiva para o control da atención domiciliaria que fusiona a perspectiva do paciente coa IA para anticipar e detectar descompensacións segundo os resultados de saúde en pacientes crónicos complexos.
PACIENTES
✅ Gañador: “Crohn's Assistant: o teu aliado na túa loita diaria”, cuxo obxectivo era que as persoas que padecen a enfermidade de Crohn adquiran unha maior capacidade de autoxestión e autocoñecemento.
✅ Finalista: “Programa para facilitar o acceso a consultas xinecolóxicas para mulleres con TEA”, presentado por ASPANAES, cuxo obxectivo é promover o acceso á atención e o seguimento xinecolóxico para mulleres con trastornos do espectro autista.
III Edición (2023)
PROFESIONAIS
✅ Gañador: “Asistente virtual para rehabilitación e terapia da linguaxe”, que propón a dixitalización e o desenvolvemento dun programa de estimulación temperá baseado nun asistente virtual que permite aos pais ser guiados para implementar programas de estimulación e rehabilitación no fogar.
✅ Finalista: “Proxecto para a implementación da atención domiciliaria en nenos no marco dun programa de coidados paliativos”, que propón a creación dunha unidade transversal formada por profesionais con formación específica en Coidados Paliativos Pediátricos que desenvolven parte do seu labor asistencial en diferentes subespecialidades, incluíndo a atención presencial, telefónica e domiciliaria.
PACIENTES
✅ Gañador: Fundación Galega para o Lesionado Cerebral (FEGADACE) co proxecto “Saúde Bucal, garantía do benestar das persoas con Lesión Cerebral Adquirida”, cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con LCA.
✅ Finalista: “Textured Food”, presentado pola Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE CORUÑA), cuxo obxectivo é fomentar unha dieta máis completa para as persoas con disfaxia.
Aínda que o premio conta cunha dotación económica (un total de 45.000 euros a repartir), o seu valor real reside no recoñecemento da Administración e na posibilidade de que estas iniciativas sirvan de base para futuros cambios nos procesos de atención do sistema público de saúde.
La asociación lanza su nuevo dossier para el camino de este año con un objetivo…
Artículo del periodista Alberto Barciela sobre un hito de la medicina gallega recogido en Scientific…
Alberto Ruano e Cristina Candal alertan no BMJ sobre as fábricas de manuscritos e o…
El catedrático de la USC clausura el ciclo Trayectoria & Vida de la Academia Asomega…
El SERGAS firma un acuerdo estratégico con el Consorcio de Cáncer de Precisión para universalizar…
El reumatólogo de la UDC Francisco Blanco recibe la máxima distinción de la universidad mexicana…