Entroido galego en Madrid
Coa presenza da presidenta da Agrupación Rosalía De Castro de Madrid, Jovita Fernández Rodríguez, e o presidente do Centro Gallego de Madrid, Fernando Rey Paz, o "Entroido galego", chegou a Madrid onte 15 de Febreiro.
Agradecemos a Carlos Segura, concejal-presidente do Distrito Centro de Madrid, acompañado por Pablo Refoyo Álvarez, e a Julio Ancochea, presidente de Asomega - Asociación de Médicos Gallegos, a súa presenza nesta pequena mostra de folclore galego, na que fixemos un "pasacalles" entre a nosa sede en Carretas 14 e a Praza de Jacinto Benavente, para dar a coñecer ao público as nosas tradicións cuns invitados de luxo, chegados desde Viana do Bolo, para mostrarnos a figura do Boteiro, un dos personaxes máis típicos do Entroido en Galicia.
A Agrupación Artística Galega Rosalía de Castro, do Centro Gallego de Madrid, organizou o sábado 15 de febreiro, unha conferencia sobre o entroido de Viana do Bolo, presentada por Pedro Basalo Bembibre, do Centro de Estudos Galegos de Padua.
Na conferencia: "Entrudio de Viana do Bolo: o visible e o invisible", no relatorio achegounos a tradición do "Entrudio vianés" a través dos principais ritos e máscaras. Ademais, en determinados momentos, establecía comparacións entre esta festa e manifestacións tradicionais similares en Italia.
Basalo explicou os diferentes ritos e personaxes do Entrudio en Viana: datas, ciclo festivo, lardeiros, fariña, fulión, boteiros, comparsas, para, finalmente mostrar as pezas do traxe de boteiro ca axuda de Iván que levaba o traxe típico.
Foi un acto moi interesante con gran asistencia de público, para finalizar o acto tivemos un aperitivo no noso salón con foliada. Pasámolo moi ben.
El Centro Gallego de Madrid vibra con el concierto del Orfeón Trivés, un encuentro que…
Pablo Crespo, de Fenin, resalta la equidad y sostenibilidad en terapias respiratorias domiciliarias (TRD), donde…
Más que un concierto: el 13 de diciembre Madrid acogerá esta cita solidaria en beneficio…
A universidade aparece en 14 áreas temáticas e mantén a súa posición entre as mellores…
Más de 170 profesionales participan en una jornada que destaca la importancia de la Primaria…
Llega a Madrid el Orfeón Trivés con un repertorio diverso que une tradición y emoción…