Noticias de Asomega

A iniciativa 'Praias, parques e portos sen fume', recoñecida como boa práctica do Sistema Nacional de Saúde

A Xunta de Galicia foi recoñecida polo Ministerio de Sanidade na Convocatoria de Boas Prácticas do Sistema Nacional de Saúde 2025-2026 pola iniciativa Praias, parques e portos sen fume, seleccionada na área de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde.

Este recoñecemento distingue experiencias desenvolvidas polas comunidades autónomas e entidades públicas que destacan pola súa calidade, impacto, innovación, sustentabilidade e capacidade de seren replicadas noutros territorios.

A entrega oficial do recoñecemento terá lugar o vindeiro 9 de xuño, durante a Xornada de Boas Prácticas do Sistema Nacional de Saúde, que se celebrará na sede do Ministerio de Sanidade en Madrid.

A iniciativa galega impulsa a creación de espazos públicos libres de fume, especialmente en praias, parques e portos, co obxectivo de protexer a poboación fronte ao tabaco. Ademais, esta medida do Goberno galego ten por obxectivo promover estilos de vida saudables así como desnormalizar o consumo de tabaco en espazos familiares e de lecer.

Con esta iniciativa tamén se reforza o papel exemplarizante das persoas adultas diante de nenos, nenas e adolescentes e redúcese o impacto ambiental derivado das cabichas e residuos asociados ao tabaco. Cómpre salientar que o programa baséase na adhesión voluntaria dos concellos e na colaboración entre administracións, cidadanía e axentes comunitarios.

Cómpre lembrar que Galicia foi pioneira na protección da xente nova fronte ás novas formas de adicción coa Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas que entrou en vigor o pasado 7 de marzo, coa prohibición do consumo de bebidas enerxéticas e vapeadores ás persoas menores, entre outras medidas.

Iñaki Moreno

Entradas recientes

Cuarenta años de latido: Monforte celebra la esencia de su hospital

El centro rinde tributo a sus pioneros en el cierre de un aniversario que reivindica…

1 hora hace

El presidente de Asomega, galardonado con la Medalla de Oro de Cruz Roja

Julio Ancochea ha sido distinguido “por su excelencia científica y su implicación social y humanitaria”…

3 días hace

Federico Martinón Torres gana el XXV Premio Nóvoa Santos

Asomega distingue la excelencia científica y el compromiso con la salud pública de este pediatra…

4 días hace

Juan Gómez Reino, nomeado Mestre da Reumatoloxía española

A sociedade da especialidade distingue o doutor galego, que xa recibiu en 2014 o Premio…

7 días hace

Raquel Sendón asume el decanato de la Facultad de Farmacia de la USC

Catedrática de Nutrición y referente en seguridad alimentaria, Sendón liderará una facultad que hoy encabeza…

7 días hace

Galicia lidera el apoyo a la oncología con los Premios Ramiro Carregal

Santiago acoge la entrega de unos premios nacionales que, desde Galicia, distinguen a los doctores…

7 días hace