Ciencia al día

O CiQUS lidera un proxecto para desenvolver un novidoso axente anticancro

Con máis de 400 propostas presentadas desde 39 países, a última convocatoria EIC Transition do Consello Europeo de Innovación foi a máis concorrida ata hoxe. E entre as 40 propostas finalmente seleccionadas atópase MEDiCS, un proxecto liderado polo profesor José Luis Mascareñas que se centrará no desenvolvemento clínico dun novo axente anticancro. O CiQUS suma así o seu segundo proxecto deste tipo e sitúa a Universidade de Santiago de Compostela como a única española, xunto a Universidade Pompeu Fabra, que foi beneficiaria dúas veces deste programa. O consorcio liderado desde o CiQUS obtivo 2,5 millóns de euros para desenvolver a súa proposta durante os próximos tres anos.

José Luis Mascareñas e Lara Villarino lideran o novo proxecto do EIC desde CiQUS.

MEDiCS é o acrónimo de Anticancer approach based on the Metabolic Disruption of Cancer Stem Cells, un proxecto que pivota sobre o potencial preclínico que demostrou unha familia de complexos metálicos baseados en rutenio para combater certos tumores. O seu obxectivo agora é avanzar na madurez da tecnoloxía completando a fase preclínica, necesaria antes de comezar os ensaios clínicos en humanos.

O proxecto buscará mellorar o comportamento deste novidoso composto na etapa preclínica fronte a dous tipos de cancro particularmente desafiantes: o de páncreas, pola súa elevada prevalencia, e o de colon, pola súa alta letalidade, ambos cun enorme impacto na sociedade.

O profesor Mascareñas e Bruno Sainz, xunto aos seus respectivos equipos no CiQUS e no Instituto de Investigacións Biomédicas Sols-Morreale (CSIC-UAM), recibiron no pasado o apoio de Ignicia (Xunta de Galicia) e da Fundación La Caixa para estudar o comportamento deste tipo de axentes anticancro. Alentados por resultados prometedores, decidiron postular a un proxecto do EIC, a pesar de que estas convocatorias son extremadamente competitivas e teñen unha taxa de éxito inferior ao 10%. A selección dos proxectos lévase a cabo en dúas fases: unha preselección baseada na calidade da proposta e, posteriormente, unha esixente entrevista a modo de exame ante un panel avaliador multidisciplinar, formado por seis expertos internacionais.

Iñaki Moreno

Entradas recientes

Jornada Trayectoria & Vida: Primaria, de la consulta al territorio

Lorenzo Armenteros y Cristina Margusino defienden en la jornada de la Academia Asomega de Santiago…

1 día hace

Una nueva era terapéutica: del control de síntomas a cambiar pronósticos

Cinco expertos dibujan en Visionarios 2025 un futuro donde la neumología pasa de contener daños…

1 día hace

A USC lidera unha IA para predicir o risco de diabetes e cardiopatías

Investigadores do IDIS e do CiTIUS desenvolven un sistema capaz de anticipar patoloxías anos antes…

1 día hace

Asomega se une a la campaña europea por la integridad de la ciencia

La asociación respalda la iniciativa de la ERS para exigir a los líderes políticos medidas…

1 día hace

Red TBS-Stop Epidemias: la salud global ante un 2026 de desafíos y compromisos

Nuevo número de la newsletter de Red TBS-Stop Epidemias, que profundiza en cuestiones como salud…

2 días hace

Neonatología del CHUAC alcanza el máximo reconocimiento europeo

AENOR e IQNET avalan los procesos de seguridad clínica y los programas de humanización que…

3 días hace